skip to Main Content
Markea Martin Codax

Comezamos novo curso de Markea en Cambados con Martin Codax

Tras un merecido descanso estival, iniciamos o curso de Markea. Nunha marabillosa xornada en Martin Codax, tivemos a oportunidade de escoitar e aprender dun grande da Comunicación e do Marketing. Carlos Fernández, CM de Iberdrola, convidounos a reflexionar sobre a importancia de conxugar o verbo COMPARTIR dende as marcas.

Logo desta impresionante MasterClass, aproveitamos para coñecernos un pouco máis entre nós e xeramos networking a bordo dun catamarán pola preciosa Ría de Arousa. De 10! Graciñas a María Garrido e a todo o seu equipo polo convite 🙂