Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Como atrae, fideliza e capta clientes un banco dixital
Seguimos coas charlas do segundo día pola tarde do Congreso Flúor. A quenda foi de Paz Comesaña, directora de marketing e publicidade do banco dixital Evo Banco, explicounos os pasos que segue na súa empresa para atraer, fidelizar e captar clientes seguindo no mundo dixital.
Os clientes de Evo Banco son nativos dixitais, teñen menos de 40 anos, son urbanitas, están híper conectados, posúen varios perfís sociais e non lles gusta perder o tempo na realización de xestións como ir ao banco. E é por iso polo que Evo Banco se apoia no uso de tecnoloxías disruptivas como a intelixencia artificial para conectar mellor co seu cliente, pero á vez sendo colaborativos, accesibles e innovadores. Un banco que non é como os outros bancos.
O obxectivo non é outro que os prospectos se convirtan en leads e pasen a ser clientes finalmente. Este é o camiño que seguen:
Atraer
Atraen seguindo unha cultura innovadora a través de boas prácticas de tipo comercial. E como o fan? Xerando contido de interese, aportando valor sendo disruptivos, que é o que o seu target lles pide, e utilizando ferramentas que permitan analizar o tráfico que reciben como CRM e DMP.
Captar
Captan aos seus clientes a través da externalización do proceso de atracción captación das canles de pagamento con axencias externas expertas: campañas de afiliados, de busca e display, etc cualificando a busca e aumentando as posibilidades de conversión.
Formalizar
Deseñan a ruta dixital de cada campaña para poder chegar á conversión, polo que fan unha revisión continua do funnel. A clave está en facer máis simple o proceso e mellorando de forma continua a experiencia do usuario. O obxectivo, que os clientes pasen a ser amantes da marca e embaixadores que poidan atraer aos que nun inicio non estaban convencidos.
Fidelizar
Consiste en reter, vinculando ao cliente para que quede no banco durante tempo. O proceso de fidelización dura uns 6 meses, nos que intentan que o cliente coñeza todas as vantaxes de formar parte de Evo Banco.
Dende Evo Banco tamén queren poñerlle as cousas doadas ao cliente que quere marchar. E desta forma volta a empezar o proceso de reconquista.
Graciñas Paz e moitos éxitos. Un pracer terte neste Flúor online. Agradecemos aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.