Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

Comunicación en tempos de crise
Santiago Miguélez, Director de Marketing de Estrella Galicia, contounos cómo a sua empresa encarou a situación provocada polo COVID19, en termos de marketing e comunicación.

Contounos cómo a caída das ventas veuse agravada pola dependencia do canal HORECA. O peche de case ao 100% dos bares e a previsión nada prometedora de voltar, poñía as cousas moi negras. E aínda que Estrella Galicia véndese tamén no canal alimentación, os incrementos nos supermercados non compensaba a caída nos bares.
Tiñan que pensar rápido cómo capear este temporal e sair reforzados, se podía ser.
Do Gabiente de Crise que se creou neses primeiros intres do confinamento, sairon varios aspectos a traballar con cada un dos públicos co que se relacionan, cunha idea principal sobre a mesa: “o importante son as persoas”. Estes públicos son:
- familias accionistas
- empleados
- instituciones
- proveedores e outros stakeholders
- consumidores
- distribuidores / detallistas
Santiago centrouse nos consumidores e distribuidores, que é o que ocupa a área de marketing, e foinos explicando as acción que levaron e aínda están levando a cabo para cada un destes targets e o reason why que estaba detrás, co pensamento de pasar do storytelling ao storydoing.

No caso dos consumidores puxéronse en marcha diferentes medidas, dirixidas a ofrecerlles o que creían que estaban a esperar de Estrella Galicia, e despois dun grande exercicio de reflexión, algunhas das que levan a cabo son:
- Non facer publicidade. Algo que é de agradecer, xa que nese momento os consumidores non queríamos ver nin escoitar nada neste senso, ata nos parecía fora de lugar. Era un momento para acompañar, entreter.
- Non ir a buscar aos consumidores, que sexan eles os que nos encontren porque queren, e para iso pensaron diferentes accións para poñérllelo fácil:
- moitos contidos a través de medios propios (gamificación, co-creación de contidos, concienciación, entretemento pasivo)
- experiencias previas a entrar na tenda (embaixadores de cultura expostos aos consumidores finais)
- novas estratexias comerciais: creación de un e-commerce nunha semán
- reforzar a sua proposta de valor, ampliándoo a axuda a sociedade (pack edición limitada con donación ao Banco de Alimentos)
Pola banda dos hosteleiros, tiñan claro que habería que axudarlles, e non porque sexan o seu distribuidor principal, senon porque son moitas familias as que están detrás (persoas), que neses intres só veía incertidumbre e medo, e porque “somos un país de bares”. Neste senso, desde Estrella Galicia, pensaron que terían que traballar en dous frentes: por un lado, idear accións para prepararlles cara a volta e por outro, movilizar á xente para que axudara nesta labor.
Esto os levou a lanzar unha campaña en 3 pasos:
- Axudar
- Concienciar e acompañar (donde se creou o himno con “Los Enemigos”)
- Movilizar

Como vedes, Santiago foinos contando a historia destes tres meses (stoytelling) e cómo actuaron para ir saíndo dela o mellor posible (storydoing).
De feito, Estrella Galicia é unha das marcas que soupo estar a altura da situación e que en termos de responsabilidade social é moi valorada, grazas entre outras cousas á sua forma de actuar neste tempo. Non podemos obviar a medida tomada cara os seus empleados, de non acollerse a ningún ERTE.
Grazas Santi pola charla tan interesante coma instructiva.
E un gran aplauso aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.