Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

Creación de marca e emprendimento dixital
“Emprender es coma namorarse”
Así comezou Yaiza Canosa a sua ponencia, contándolle a Sonia Varela cómo ela asimilaba o proceso de creación dunha marca co proceso de namoramento.

Ambos procesos pasan por fases moi similares, dixo:
- Tes que detectar se ten sentido a idea que che anda na cabeza
- Se vas polo bo camiño ou te estás a equivocar
- Gustas ao outro (os clientes)
- etc.
Por iso, tras un tempo facendo o discurso de cómo chegara a desenvolver as suas empresas, pero sobre todo GOI, e vendo que non enganchaba á xente cómo ela quería, deuse conta do que fallaba: non había emoción no que contaba, non namoraba ao público. Esto fíxolle replantearse as cousas, cambiou o chip, e empezou a pensar en termos de storytelling.
Yaiza deuse conta de que para transmitir e contaxiar o interés ao consumidor non tes que falar do produto, senon das persoas, das historias que hai detrás. E isto viuno constatado nos resultados das empresas que así o facían e noutros exemplos non empresariais, coma Michelle Obama ou Steve Jobs.

Tras esa reflexión, chegou á conclusión de que a comunicación que ela quería para os seus negocios pasaba por tres pilares:
- en qué che podo axudar?
- dar as grazas
- e pedir as cousas por favor
De feito, contounos que fixo un experimento na empresa e pediulle ao seu equipo que, durante unha semán, levasen a conta de cantas veces facían estas tres cousas. O resultado estivo moi por enbaixo do que pensaban.
Para finalizar, Yaiza explicounos que a única forma que ela entende en que se poden superar as expectativas é cunha comunicación clara, basada nos valores da empresa. Neste senso, contonounos que ela pensa que o valor que xeras e esperas que o cliente perciba, só o podes conseguir:
- sendo mellor
- sendo mais barato
- vendendo mellor. Esta é, ao seu xuicio, a mellor maneira. E para elo, necesitas a comunicación.
Por último fixo unha reflexión coa que estamos moi dacordo:
A mellor comunicación empeza escoitando
Grazas pola tua inspiración Yaiza.
E un gran aplauso aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.