Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Cómo preparar unha entrevista de traballo
O noso presidente, Xose Luis Reza, falou onte a tarde, aos alumnos do Master en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos da Universidade de Vigo, sobre cómo preparar unha entrevista de traballo, que ten moito de marketing.
Tras a charla, que se enmarca nun ciclo de conferencias virtuais do mestrado: “Social Media Webinars”, tivo lugar un coloquio moderado polo profesor Juan Manuel Corbacho, no que os alumnos mostraron moito interese en cómo abordar este momento. Xose Luis Reza axudoulles cos seus consellos, a perder o medo e tirar cara diante, mollándose.
Deixoulles algunhas recomendacións tan útiles coma:
“Hai que perder o medo a obter unha mala resposta por parte do empleador”
Xosé Luis Reza
“Hai que aproveitar as ventás que se abren para meter a cabeza e facerse notar”
Xosé Luis Reza
Grazas a Universidade de Vigo por contar con Markea na formación dos talentos que están a piques de entrar no sector. Aquí vos esperamos, comapñeiros!