Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Novos modelos de negocio e ecommerce con Adolfo Fernández
Adolfo Fernández, Global Product Lead Shopping en Google, abriu a sesión da tarde do martes 16 dedicada a novos modelos de negocio, tendencias de produto e marketing.
Segundo Adolfo, esta pandemia provocou un cambio total de paradigma, non unha aceleración das tendencias como estabamos vivindo e demostrando que algúns países tiñan dependencia doutros a nivel produtivo e loxístico.
Esta situación afectou en boa medida a sectores como o turismo ou ao inmobiliario… Por exemplo pouca xente se plantexaba ter un despacho na casa, e agora moitos pensarán en voltar ao rural ou en combinar un traballo híbrido (presencial e teletraballo).
Para adaptarse ao consumidor postpandemia e ao cambio de paradigma moitas empresas tiveron que mudar a súa proposta de valor, como Starbucks ou Inditex.
Starbucks tiña como proposta de valor atraer público ás súas tendas, ser o terceiro lugar onde pasar máis tempo: a casa, o traballo e Starbucks. Agora tivo que transformar a súa proposta de valor comunicando que se ían centrar na aplicación móbil e que o consumidor faga un take away cos seus cafés.
Inditex, por exemplo, centraba a súa estratexia en situar as súas tendas nos centros das cidades. Hai poucos días comunicou que ían invertir en que as vendas online supoñan o 25% dos ingresos da compañía.
Que ferramentas desenvolveu Google?
Durante esta situación Google axudou a pequenas empresas e marketplaces a ser máis relevantes, colaborando nas súas accións co obxectivo de completar a transición e xerar tráfico e leads en plataformas como Amazon, Alibaba ou Shopify.
3 eixos de acción:
- Renovaron Google Shopping, que permitirá agora sincronizar o inventario que as pemes teñen e poder promocionar de forma gratuíta os produtos de forma orgánica na plataforma.
- Durante a pandemia aumentaron as buscas de recollida de produtos no local. A través de Google My Business ou Google Maps axudaron a empresas a destacar este servizo adicional.
- Google permitiulle a pequenas empresas promocionar os seus produtos e descontos. Trátase dun Google Trends avanzado, onde detectaron cales eran as categorías máis buscadas para que os usuarios puideran orientar os seus catálogos.
Adolfo rematou afirmando que a estratexia de Google é ser abertos, non ter solucións pechadas e establecer partnerships con diferentes empresas.
Graciñas Adolfo por formar parte da nosa segunda edición de Flúor e agardamos verte pronto.
E un gran aplauso aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.