skip to Main Content
Asamblea Markea

Markea celebra os seus 6 anos reforzando a súa xunta directiva

  • Xosé Luis Reza e Jorge Pallarés continúan como presidente e secretario xeral respectivamente, e incorpóranse ao sei comité de dirección Jose Cabanas como vicepresidente e Ana Caruncho como directora
  • A Asociación Galega do Marketing conta xa con 117 asociados entre os que xa se atopan profesionales galegos de marketing na diáspora

 

Markea, a Asociación Galega do Marketing, celebrou o seu sexto cumpreanos reunindo a máis de cincoenta dos seus asociados no xa tradicional almorzo de Nadal.

Tras o mesmo, o seu secretario xeral Jorge Pallarés -director de marketing de Pizza Móvil- inaugurou o encontro lembrando os principais obxextivos da asociación, entre os que destacou o fomentar e dar a coñecela cultura do marketing, facilitar o intercambio de experiencias e ideas entre os seus membros, servir como foro de networking, e prestixar e dar a coñecelo papel do marketing e dos seus profesionales. Aproveitou tamén para facer un breve recordatorio de todo o sucedido ao longo do 2018: afterworks, encontros con grandes referentes do sector como Beatriz Navarro -directora de marketing de FNAC- ou Carlos Fernández -director de comunicación dixital de Iberdorla-, ou visitas a empresas da talla de LinkdIn, Tesla o Rodman.

Acto seguido, Alfonso Boullosa –director de Avante Noroeste- presentou un pequeno resumo cos resultados da campaña “O mellor do marketing é que elixes ti”. Markea confiou en Bap&Conde a creación da sua segunda campaña de publicidade para por en valor a función do marketing na sociedade, coa que se pretendía, unha vez máis, revalorizar e papel do marketing. Avante foi a axencia encargada de xestionar a planificación de medios, implicando aos principais soportes galegos na estratexia da campaña que foi visible durante todo o mes de febreiro en toda a nosa comunidade autónoma.

Xosé Luis Reza –presidente de Markea e do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia- pechou a asamblea xeral presentando as contas do exercicio e presentando á votación á nova xunta directiva. Por unanimidade, a Asociación Galega do Marketing decidiu reforzar o seu comité de dirección coas incorporacións de Jose Cabanas -CMO de Estrella Galicia- como vicepresidente e Ana Caruncho -socia consultora de Missing Ondina- coma directora.

Reza tamén quiso dalas grazas a todos os presentes polo seu apoio incondicional e destacar o importante papel que xoga os diferentes membros da xunta; facendo especial fincapé no esforzo realizado por Javier Fernández como responsable de formación, é de Elena Pérez Canal, Juan Carlos Silva e Loly Martínez organizando os afterworks nas diferentes provincias, así como Lucía González xestionando as redes da asociación. Asemade tivo palabras de agracemento para aquelas empresas que axudan en todo momento a Markea: Galicia Calidade, TAC!, Avante, Silman…

Seis anos despois do seu lanzamento, Markea conta xa con 117 asociados e neste ano deu un novo paso creando Markea Madrid para os marketinianos galegos residentes na capital. Novos proxectos xa esperan neste comezo de ano, inaugurando o primeiro trimestre con visitas a Pull&Bear, Adolfo Domínguez e Pescanova, e coa presentación do Panel de Marketing de Galicia que está realizando nestas datas a división de investigación de iuni co apoio de Avante. Para celebrarlo, unha vez finalizado o acto institucional os asociados disfrutaron dunha sobremesa amenizada polo sumiller Juanjo Figueroa e a súa banda Bafana.