skip to Main Content
03932c1f 215c 4e8a B6e0 832d335a86b6

Marketing 4.0, tecnoloxías para apoiar as estratexias de marketing

Onte a nosa compañeira Antía Fernández, codirectora de Sistemas Intelixentes de Gradiant, foi a protagonista do cuarto, si si, xa van catro #afterworkathome. Moitas grazas por acompañarnos, Antía 🙂

Os máis de 100 asistentes virtuais puidemos coñecer a importancia do dato, como pasar do big data á good info e como beneficiarse da tecnoloxía para mellorar a competitividade das nosas empresas detectando novas oportunidades de negocio.

Nas próximas liñas debullamos todo o que deu de si este afterwork na casa.

O dato, non o perdas de vista

Non paramos de xerar información. Un 90% dos datos que hai en todo o mundo creáronse nos dous últimos anos. Cada día xeramos 2.5 quintillóns de bytes de datos e se os puxeramos en 10 millóns de discos, formarían unha torre 4 veces máis alta que a Torre Eiffel.

E moitos destes datos xéranse nas redes sociais. Instagram no 2019 rexistrou 55.000 fotos subidas cada minuto, contabilizáronse 230.000 chamadas de Skype ou 4.5 millóns de vídeos foron visualizados en Youtube.

E os nosos dispositivos, como a smartTV ou os sistemas de domótica están continuamente xerando datos.

Estamos rodeados de datos. O noso reto pasa por seleccionar a información máis apropiada para o noso negocio, e usala para captar leads.

Tipos de datos de leads

É importante diferenciar os tipos de datos de leads que existen:

  • Hard data: correo, teléfono ou compañía
  • Soft data: datos que xorden da análise do comportamento dos usuarios, actividade, intereses ou interaccións coas redes

Mapas de calor

Os mapas de calor das webs ou buscadores sinalan as áreas onde os usuarios poñen a súa atención (pasan tempo co cursor parado ou fan clic por exemplo).

Establece unha estratexia de marketing

Xa coñeces a importancia do dato, agora toca pensar de que maneira toda esta información che pode axudar a establecer a estratexia de marketing para a túa empresa.

Por exemplo, se falamos de industrias, estes son os datos que usan e como lles axudan a detectar melloras:

  • A manufactureira: sensores nas maquinarias que permiten testear a súa actividade e predecir a calidade do produto fabricado ou medir os consumos de enerxía para optimizar o gasto
  • Sector primario: alimento de especies e tipo de actividade para o gando
  • Retail: características que describen unha peza de roupa e que permite saber se cumpre cos gustos dos consumidores, datos para mellorar as vendas e a distribución, predicindo e optimizando o stock
  • Outras industrias: perfiles competenciais do persoal que axuda a analizar as causas de absentismo dos empregados ou a xestión do talento mediante a análise de perfis, logs de procesos de negocio, logs de funcionamento do sistema IT ou texto natural de redes sociais, imaxes ou a través da voz

A idea é que pases do big data á good info. É iso que quere dicir? Captura todos os datos obxectivos que poidas; convirte eses datos en información útil utilizando algoritmos de análise e procesado e por último, usa esa info procesada de apoio para tomar decisións.

O que pode medirse, pode manexarse. E o que pode manexarse, pode mellorar

Peter Drucker

Mide para mellorar

Como pode axudarche a tecnoloxía no sector do marketing? Que podes medir para mellorar?

Podes medir a actividade online, os contidos da rede e web, o sentimento e a influencia de persoas e marcas co obxectivo de:

  • Obter contidos de interese en medios, recopilando, filtrando e categorizando os datos
  • Identificar temas candentes, comunidades obxectivo e usuarios clave
  • Relacionar contidos extraendo conexións, agrupando contido, resaltando temáticas e seguindo a súa evolución
  • Medir e mellorar a reputación online dunha persoa ou marca
  • Seguir a evolución da repercusión das publicacións dun usuario ou marca
  • Reflexar a opinión pública sobre unha temática
  • Mellorar a atención ao cliente mediante a asistencia virtual, a redirección de consultas, a detección de comentarios agresivos
  • Predecir cando os clientes rompen o contrato nunha empresa ou abandonan o proceso de compra
  • Predecir a demanda en retail e as vendas
  • Detectar tendencias, temáticas e períodos a través do mercado

Como resumo desta magnífica charla quedámonos en que a tecnoloxía é un medio para mellorar a nosa competitividade tomando decisións máis obxectivas.

Graciñas Antía por compartir os teus coñecementos con nós. Un gran aplauso aos máis de 100 asistentes que nos sacades un sorriso e facedes que o noso traballo pague a pena. E como non ao Cluster da Comunicación pola organización, ao CírculoDircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e como non, a dinahosting polo patrocinio.