Unha vintena de persoas asociadas a Markea coñecimos as instalacións da Corporación Radio Televisión de Galicia en San Marcos.

Retos da comunicación corporativa na era dixital
Somos dixitais. E non o dicimos nós, dino os datos. Segundo Emma Cid, directora Corporate de Torres y Carrera, os españois pasamos moitas horas en Internet, ao redor de 5,20 horas diarias. Aí é nada. A televisión aínda segue aguantando na carreira, con case 3 horas, “gastamos” nas redes sociais 1,38 horas, e escoitando música en streaming, 45 minutos. Todo isto suma case 11 horas, a metade das horas do día!
Tendo en conta que pasamos 11 horas diarias en Internet, en redes sociais e diante da televisión, recibimos milleiros de impactos cada día. Estamos sobresaturados, e as marcas vense obrigadas a conquistar a un usuario cada día máis selectivo e menos fiel.
O 92% das marcas poden desaparecer e non lle importaría a ningúen- Meaninghful brands 2017
O 90% dos consumidores españois son un consumidor “infiel”- Loyalty Monitor 2017
Os consumidores confían máis no que lle pode contar un cliente como eles, que toda a información que proveña da marca. Neste caldo de cultivo os medios somos todos:
- Calquera pode transmitir información, estamos ON
- Pasamos de ser receptores a emiceptores
- Do massmedia estamos no mymedia
- Somos máis esixentes e desconfiados
- Máis que confiar nunha marca, deixámonos influenciar polos influencers
- Queremos información en tempo real
- Xa non lemos, vemos
- E do interese desmedido experimentamos preguiza, non temos tempo!
Tócanos mudar
As marcas temos un bo reto por diante. Mudar ou morrer! Aquí uns puntos a ter en conta:
Ser dixitais
- Sempre ON
- Segmentar sempre
- Canais- formatos-mensaxes
- Adaptar as APP ao que precisamos: o WhatsApp e Twitter como medios e RRSS para atender aos clientes na xestión de crises
Ser transparentes
Coida os contidos. Todo o que publiques debe estar aliñado cos valores corporativos.
Traballar en tempo real
Escoita e recompila datos. Con toda esta información analiza e toma decisións.
Aportar valor
Baséate nestas 6 ideas para aportar valor a través dos teus contidos:
- Informa
- Inspira
- Axuda
- Educa
- Premia
- Entretén
Aproveitar o tirón dos influencers
E non só dos influencers e celebrities. Usa a influencia dos teus traballadores para que eles mesmos sexan os mellores embaixadores da túa empresa.
Optar polo audiovisual
Youtube é unha das redes sociais con maior crecemento e é o segundo buscador a nivel mundial. Segundo un estudo de CISCO, en 2021, o 80% do tráfico mundial en Internet será a través de vídeos.
Emocionar e contar historias
Son bos exemplos as campañas emocionantes e que contan historias como a “Tenemos que vernos más” de Rúa Vieja ou “Aprendemos juntos” de BBVA.
Conclusións
A modo resumo, Emma Cid contounos que os retos máis importantes que temos sobre a mesa son: traballar con transparencia, segmentar os nosos públicos, aportar valor, integrar a novos interlocutores e elaborar contidos inmediatos e en formato vídeo. Pero sobre todo, emocionar sempre.
Moitas grazas a Emma Cid por regalarnos todos estes consellos no afterwork celebrado hai uns días no Círculo de Empresarios de Vigo, que dende xa estamos desexando poñer en práctica nas nosas empresas.