skip to Main Content
Afterwork Xurxo Torres

Una verdad inkómoda, por Torres y Carrera

O pasado mércores voltamos cos xa habituais #afterworksathome, iniciados durante o mes de marzo e que se prolongaron ata o mes de xuño. Tras dous meses de vacacións, regresamos cun convidado de altura, Xurxo Torres, Director Xeral de Torres y Carrera.

Falar de Xurxo é falar da comunicación en Galicia, sendo un dos grandes representantes de Galicia na capital. Xurxo explicounos que están a cambiar as formas de comunicación e dende as entidades e axencias non podemos durmirnos.

“Vivimos unha esquizofrenia social á que lle debemos dar resposta de maneira inmediata”

Xurxo Torres

Xurxo ademais compartiu a ambivalencia dun mundo que demanda autenticidade pero que se recrea nas fake news. Segundo Torres, en 2022 haberá máis noticias falsas que verdadeiras ao alcance dos usuarios dos social media. Un feito que contrasta co dato da baixa confianza que inspiran as marcas e o seu porqué: máis do 40% dos españois desconfía das marcas por ser pouco auténticas.

As redes sociais propiciaron unha retroalimentación de gustos e paixóns. Esa emoción non mellora o mundo, senon que o polariza. E esa polarización crea unha sociedade que confunde verdade con crenza.

No individual atopámonos con persoas máis soas (o 43% dos americanos afirma sentirse só), máis confusas (o volume de datos que se xera fai imposible a súa correcta dixestión) e máis cansas (o 70% dos españois maniféstase canso ou moi canso).

Xurxo Torres sostén que o papel das empresas vai ser decisivo no liderado de cambio de era que enfrontamos. Para Torres a tradicional oferta de información e lecer debe ser complementada cunha comunicación corporativa que tamén forme ás audiencias.

“Xa non se trata só de vender senón de convencer. Temos que evolucionar de sociedade de consumo a sociedad de coñecemento. Sen pensamento crítico estamos abocados a repetir unha e outra vez os mesmos erros”.

Graciñas Xurxo por compartir o teu coñecemento e sen dúbida facernos reflexionar. Tamén agradecer ao Cluster da Comunicación pola organización, ao CírculoDircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.