Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Xornada cos socios de Madrid: alimentación e automoción
Onte, desplazámonos ata Madrid para acompañar alguns dos nosos socios en eventos nos que foron protagonistas.
Pola mañán, no mercado de San Antón, a nosa compañeira Magaly Pérez, Marketing Manager de Webloyalty, convidounos a unha mesa redonda centrada no sector da alimentación no mundo online que contou coa presencia de representantes de Ulabox, TuDespensa, Día, SoySuper e Carrefour, e onde ofreceronnos unha visión sobre a actualidade do ecommerce no sector.
Xa pola tarde, no Corte Inglés de Pozuelo, tivemos a oportunidade de coñecer máis polo miudo unha das grandes marcas do momento: Tesla. O noso compañeiro Jesús Cal, Product Specialist & Event Champion, deunos primeiro unha charla para coñecer a Misión de Tesla, a sua estratexia de marketing.
E posteriormente, deunos a posibilidade de probar o seu producto, concretamente o Tesla S, que por suposto aceptamos.
Foi unha xornada moi enriquecedora para todos.
Grazas aos nosos compañeiros, Magaly e Jesús, pola invitación.